Leopold Bloom falou en galego antes que en ningunha outra lingua da Iberia alá polo ano 1926. Don Ramón foi quen de traer ás nosas palabras a xenialidade narrativa do irlandés James Joyce. O Dublín de Ulises respirou na nosa lingua no breve suspiro que supoñen seis capítulos para tan grande obra literaria, pero respirou. Reducir este feito a anécdota sería propio de porcos que camiñan de pé. Suporía desmerecer o labor dun colectivo de homes que puxeron o protagonismo en Nós, nun mundo no que viviamos totalmente Inadaptados. Read more
Tag: Normalización Lingüística
As liñas que escribirei a continuación van tratar dun tema que entendo a moi poucos lle importará. Pero ganas de escribir non me faltan e mentres que os amables xestores de Achtung me deixen… Como dicía, o tema sobre o que quero compartir unhas liñas ten que ver coa miña lingua, o galego, e cunha das súas variantes dialectais, a cal practico con asiduidade e naturalidade: a gheada.